Sesión informativa: Programa Acelerador de Transferencia da USC

  • Begin: Thursday, January 27, 2022 10:30 AM (GMT+01:00)
  • End: 11:15 AM (GMT+01:00)
  • Online event

About the event

Sesión informativa do Programa Acelerador de Transferencia da USC

27 de xaneiro de 2022 (Plataforma Teams)


  • 10.30 h. Presentación do programa: Proxectos seleccionables e fases. D. José Luis Villaverde Acuña. Director da Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC.
  • 10.50 h. Rolda de preguntas.
  • 11.15 h. Fin da xornada


O programa “Acelerador de Transferencia”, promovido pola Área de Valorización, Transferencia e Emprendemento (AVTE) da USC, e financiado polo Banco Santander, ten coma obxectivo facilitar a transferencia de resultados de investigación, xerados polos grupos de investigación da USC, ao mercado. 

As condicións esenciais que deben reunir os proxectos para ser elixibles para o “Acelerador de Transferencia” son:

  • Identificar claramente cal é a fenda existente entre o resultado de investigación e o mercado.
  • Garantir un cambio de estado co desenvolvemento do proxecto.
  • Ter o compromiso dunha empresa para que, no caso de que os resultados obtidos no “Acelerador de Transferencia” sexan exitosos, continúe co proceso de desenvolvemento do produto e/ou comercialización.

Tamén se poderá dar apoio a aqueles proxectos que teñan como obxectivo avanzar no proceso de valorización de xeito que se obteña maior madurez na comprensión da súa potencialidade de transferencia. Así, poderanse apoiar proxectos para levar a cabo informes de mercado, asesoramento regulatorio, follas de ruta para o seu desenvolvemento, etc. que poidan facilitar a captación de fondos doutras convocatorias de valorización

Os proxectos contarán dende o primeiro momento co asesoramento do persoal técnico da AVTE.

O financiamento dos proxectos será de ata 40.000 euros e a duración dos mesmos entre 3 e 9 meses.



Contact to make enquiries about this event

To resolve queries or questions about this event, you can contact the manager of the event by writing to: avte@usc.es